Domingo baixo o sol en Compostela
08:00 28/02/21
08:00 28/02/21
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 6 e os 15 graos
Galicia vaise manter na influencia das altas presións, polo que non se agardan cambios significativos para o domingo. Así, os ceos estarán despexados en xeral, con algún intervalo de nubes baixas no extremo norte e néboas matinais en puntos do interior. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará frouxo do nordés, con intervalos fortes entre Estaca de Bares e Fisterra.
En Santiago agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos con nubes e claros con outros pouco anubrados ou despexados. Agárdanse precipitacións o luns pola tarde. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas sen cambios e máximas en descenso moderado.