Mércores soleado en Compostela

Mércores soleado en Compostela
Mércores soleado en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 5 e os 17 graos

O mércores Galicia estará nunha situación intermedia entre as altas presións situadas ao leste de Europa e un centro de baixas presións entre Azores e Portugal. Así, o ceo presentará nubes de tipo medio e alto que non impedirán o paso do sol, con néboas matinais en comarcas do interior. As temperaturas mínimas non terán cambios significativos, mentres que as máximas ascenderán entre lixeira e moderadamente. O vento soprará frouxo de dirección variable, con predominio da compoñente sur.

En Santiago, o ceo alternará períodos pouco anubrados ou despexados con outros ocasionalmente con nubes e claros. Agárdanse precipitacións  o xoves pola tarde. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en descenso lixeiro aínda que oscilarán e máximas en ascenso moderado.

Comentarios