Cortes de tráfico na avenida de Vilagarcía, na rúa do Pombal e restricións circulatorias na Costa do Veedor

Cortes de tráfico na avenida de Vilagarcía, na rúa do Pombal e restricións circulatorias na Costa do Veedor
Cortes de tráfico na avenida de Vilagarcía, na rúa do Pombal e restricións circulatorias na Costa do Veedor

Este venres será cando se produzan os cortes

Este venres 5 de marzo a avenida de Vilagarcía, no tramo comprendido entre a praza de Vigo e a avenida de Romero Donallo, vai quedar cortada ao tráfico por mor da reparación de arquetas e limpeza da rede de saneamento da rúa. O peche prolongarase dende as 9.00 ata as 19.00 horas e só poderán acceder os vehículos aos garaxes afectados.


Rúa do Pombal
Tamén o venres 5 de marzo o carril de subida da rúa do Pombal vai quedar cortado ao tráfico dende as 10,00 ata as 13,00 horas por mor da reparación dunha arqueta situada no medio da calzada. O tráfico que circule pola rúa de Galeras cara ao centro da cidade terá que desviarse pola rúa de Poza de Bar, San Lourenzo e Campus Sur.

Costa do Veedor
Por mor das obras na rúa dos Concheiros, estábase a detectar un aumento de tráfico na Costa do Veedor que, segundo os técnicos municipais, é preciso limitar debido ás características da vía. Por este motivo, só os residentes da zona 3 (San Pedro) poderán transitar por ela. O resto dos vehículos poderán acceder ao ámbito a través da rúa da Ameixaga e rúa das Fraguas. 
Comentarios
Lo más