​A Fundación Eugenio Granell ponlle a bufanda vermella a Valle-Inclán

​A Fundación Eugenio Granell ponlle a bufanda vermella a Valle-Inclán
​A Fundación Eugenio Granell ponlle a bufanda vermella a Valle-Inclán

Este venres ás 12

A Fundación Eugenio Granell leva a cabo, un ano máis, o  acto simbólico de colocación dunha bufanda vermella na escultura de Ramón María Valle-Inclán na Alameda de Santiago de Compostela. O acto terá lugar o  venres 6 de marzo, ás 12.00 horas.

Este acto, que ven realizando a Fundación Eugenio Granell desde o ano 2007, quere establecer unha conexión coa famosa colocación da bufanda branca na estatua de Valle-Inclán, no paseo de Recoletos, en Madrid, o día do teatro; pero neste caso para conmemorar o regreso real e simbólico de Valle a Compostela e a Galiza, a súa terra de orixe.

Para a realización do acto, como tódolos anos, contarase coa inestimable colaboración do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal.


Comentarios