O CiMUS aposta polo talento novo coa incorporación de catro grupos de investigación

O CiMUS aposta polo talento novo coa incorporación de catro grupos de investigación
O CiMUS aposta polo talento novo coa incorporación de catro grupos de investigación

Terapia con células nai, medicina de precisión en trastornos do sistema nervioso e cancro ou avances en enfermidades cardiovasculares serán os eidos de traballo destes equipos coordinados por persoal científico da USC menor de 45 anos

Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS). Os equipos liderados por Pablo Aguiar, Diana Guallar, Ricardo Villa e Ashwin  Woodhoo, que coordinarán o traballo dunha vintena de científicos de formación multidisciplinar e transversal, permiten superar a barreira dos trinta grupos neste centro singular da USC, chegando a un total de 34. A procedencia galega, estatal e internacional dos novos investigadores principais demostra ademais a diversidade cultural e o perfil global do CiMUS.



Os catro xefes de grupo, todos eles con menos de 45 anos e diferentes recoñecementos pola relevancia do seu traballo, poñen de manifesto a estratexia deste centro singular da USC enfocada ao talento novo formado en diferentes puntos do mapa internacional. A modificación química do ARN e investigación de novas terapias con células nai; a bioquímica aplicada ao estudo de enfermidades cardiovasculares; comprender a  patoxénese de enfermidades do sistema nervioso para avanzar na súa prevención e tratamento; ou o camiño da medicina de precisión en enfermidades de alta prevalencia como cancro, Alzheimer ou Parkinson, son algunhas das liñas mestras dos novos grupos.


Comentarios
Lo más