Comercio convoca o curso "A Administración electrónica e a tramitación de axudas municipais en Sede electrónica"

Comercio convoca o curso "A Administración electrónica e a tramitación de axudas municipais en Sede electrónica"
Comercio convoca o curso "A Administración electrónica e a tramitación de axudas municipais en Sede electrónica"

En atención ás dificultades inherentes á presentación electrónica de solicitudes para as recentes e próximas convocatorias de axudas municipais, e coa finalidade de achegar ao tecido empresarial compostelán recursos formativos para poder superar ditas dificultades, o Concello de Santiago, a través do seu departamento de comercio, convoca o curso "A Administración electrónica e a tramitación de axudas municipais en Sede electrónica". Impartirase de xeito online dende o 15 ao 18 deste mes e o prazo para inscribirse comeza hoxe, 4 de marzo, ás 15.00 horas.


Dende un enfoque práctico analizaranse todas as funcionalidades que ofrece a Sede Electrónica. O obxectivo desta formación é repasar de forma práctica todas as accións que se poden realizar a través da Sede Electrónica e mellorar a eficiencia e os tempos de tramitación nos seus expedientes administrativos. O curso conterá ademais cun módulo específico dedicado á tramitación de axudas municipais a través da Sede Electrónica do Concello de Santiago.

OBXECTIVOS XERAIS
- Coñecer conceptos básicos que permitan familiarizarse coa sociedade da información.
- Coñecer os principios da Administración Electrónica.
- Adquirir información dun novo marco como é a e- administración e a súa contorna.
- Adquirir e aplicar a información sobre o desenvolvemento normativo que regula a e-administración.
- Coñecer os conceptos básicos da normativa de subvencións públicas.
- Adquirir os coñecementos necesarios para a tramitación de axudas municipais na Sede electrónica do Concello de Santiago.

CONTIDOS
- A Sociedade da Información e a Administración Electrónica.
- Seguridade e Cifrado.
- Certificados dixitales e DNI electrónico.
- A firma electrónica.
- Procedemento administrativo electrónico: As Sedes electrónicas. Acceso e Uso.
- Subvencións públicas: conceptos básicos desde unha perpectiva práctica.
- Tramitación de axudas municipais na Sede Electrónica do Concello de Santiago.

DESTINATARIOS
- Empresas e autónomos.
- Persoal colaborador na tramitación de axudas públicas e outros trámites administrativos: persoal de asesorías ou de asociacións empresariais que tramiten ditos expedientes por poder de representación dos seus representados ou asociados.

Requisitos para facer o curso:
- Dispoñer dun correo electrónico activo, posibilidade de acceso a Internet e manexo do computador a nivel de usuario
- Ter certificado dixital ou obtelo durante o curso.

DURACIÓN E MODALIDADE CURSO: 10 horas en streaming -retransmisión de clases en directo.

EDICIÓNS E NÚMERO DE PRAZAS: Dúas edicións (unha en horario de mañá e outra de tarde). 20 prazas cada unha das edicións.

DÍAS: 15, 16, 17 E 18 DE MARZO. 2.5 horas cada día

HORARIOS
Edición mañá: 8:30 h -11:00 h
Edición tarde: 20:00-22:30

FORMA E PRAZO PARA INSCRICIÓNS
A inscrición realizarase a través do formulario dispoñible na páxina web do departamento de Comercio, comercio.santiagodecompostela.gal, na pestana de "Formación" ou ao pé desta noticia.

O prazo abrirase o 4 de marzo ás 15.00 horas e rematará o 12 de marzo ás 14.00 h.

CRITERIO ADMISIÓN: Orde de entrada

DIPLOMA ACREDITATIVO
Ao finalizar a formación darase un diploma acreditativo a todas aquelas persoas que asistisen cando menos ao 75% da formación

LISTAXE DE AGARDA
Con todas as persoas inscritas que non obteñan praza en ningunha das edicións convocadas, elaborarase unha listaxe de agarda.
Aquelas persoas admitidas que non asistan á primeira sesión perderán a súa praza no curso e a súa praza será ofertada á seguinte persoa da listaxe de agarda elaborada. 
Comentarios
Lo más