O PP propón una innovadora alternativa para mellorar o tránsito no entorno da intermodal

O PP propón una innovadora alternativa para mellorar o tránsito no entorno da intermodal
O PP propón una innovadora alternativa para mellorar o tránsito no entorno da intermodal


O portavoz Popular, Alejandro Sánchez-Brunete, sinalou que esta é unha das medidas que este Grupo Municipal lle ofrece a Sánchez Bugallo, incluída nun importante menú orzamentario para que escolla, “sempre que a súa elección final teña unha relevancia acorde co peso do Grupo Popular”

O Grupo Municipal Popular presentou hoxe, en rolda de prensa, o proxecto de mellora de accesibilidade da rúa Santiago León de Caracas que permita superar a importante costa desta rúa, unha das propostas que o portavoz Popular, Alejandro Sánchez-Brunete, lle presentou ao Grupo de Goberno co fin de chegar a un acordo para sacar a diante os orzamentos para o ano 2021.

Sánchez-Brunete, que estivo acompañado pola vicevoceira, María Castelao, subliñou que esta actuación suporía unha importante humanización dunha rúa pola que transitan un gran número de peóns, usuarios dos dous centros sanitarios e educativos que se atopan nesta contorna, ou usuarios da estación Intermodal, que se porá en uso nos vindeiros meses.

Para o portavoz Popular, trátase dunha actuación de gran rendibilidade, posto que non existe en Santiago ningún posible proceso de reurbanización que poida beneficiar a tanta xente.

María Castelao foi a encargada de expoñer esta medida e sinalou que a actual pendente da rúa León de Caracas supón unha importante dificultade para os peóns, sobre todo, para as persoas maiores e as que teñen dificultades na súa mobilidade, polo que remarcou que “esta idea parte da busca da mellora da accesibilidade e a conectividade da zona, posto que pretende facilitar a subida da rúa en sentido Hórreo cara a rúa da Rosa e, ademais, esta permitiría unha maior permeabilidade dos peóns da contorna da estación cara o Ensanche Sur”.

Para a Popular, esta medida non significará un cambio visual da rúa nin creará grandes inconvintes para a veciñanza. Así, a proposta, que afectaría a marxe esquerda, consiste na instalación de dúas ramplas en sentido ascendente de 28 metros de longo cada unha, cunha separación de 10 m, aproveitando o espazo que, neste momento, ocupan as xardineiras e a zona de carga e descarga e aparcamento das ambulancias, ademais da modificación da situación actual dos contedores de lixo da parte máis baixa da rúa.

Pasarela



Este proxecto permite o movementos dos peóns dun lado a outro da rúa, posto que non é unha rampla continua, e manteríase a parada dos autobuses diante do centro Concepción Arenal e distribuiríase unha nova zona de aparcamento das ambulancias.

Actuación estudada

María Castelao engadiu que para este proxecto levouse a cabo un estudo técnico previo e unha valoración económica que concluíu que “esta é unha actuación perfectamente factible para o Concello”.

A vicevoceira Popular quixo facer fincapé en que “esta é unha actuación innovadora e non é unha reurbanización meramente estética, senón que redunda no beneficio das persoas, xa que pensamos nelas e non só no cemento e no asfalto, trátase dunha humanización que ten como obxectivo mellorar a calidade de vida da veciñanza que acode ao ambulatorio e dos que empreguen a Estación Intermodal, falamos de centros de miles de tránsitos peonís”.

“Esta actuación ten un custe-beneficio moi elevado, xa que estimamos que o custe desta humanización ascende a pouco máis de 680.000 euros, que suporía un 0,55% do orzamento total do Concello, que ascende a 127 millóns de euros e, si pensamos só no investimento dedicado a inversións, suporía o 4,1 % deses 17 millóns de euros que contempla o orzamento actual plantexado polo Goberno municipal”, incidiu.

Así mesmo, remarcou que esta actuación beneficiaría tanto ao comercio, como a hostalería santiaguesa, xa que a facilidade do tránsito desta rúa levaría a moitas das persoas a moverse polo resto do Ensanche, revitalizando a moitos dos negocios existentes.

Negociación orzamentos

No transcurso da súa comparecencia, Alejandro Sánchez-Brunete explicou que esta é unha das propostas que completa outras que se lle presentaron ao alcalde, posto que o Grupo Municipal Popular ofreceulle a Sánchez Bugallo un importante menú orzamentario, para que escolla, sempre que a súa elección final teña unha relevancia acorde co peso do Grupo Popular.

Comentarios
Lo más