Sábado soleado pero máis fresco en Compostela

Sábado soleado pero máis fresco en Compostela
Sábado soleado pero máis fresco en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 6 e os 15 graos

As altas presións localizadas ao norte da península Ibérica achegarán estabilidade e vento do nordés. Deste xeito agardamos unha xornada de ceo pouco nubrado ou despexado, con algunha nube de estancamento no extremo norte. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso, tanto nas mínimas como nas máximas. Os ventos soprarán do nordés, moderados no terzo norte, máis frouxos no resto.

En Santiago prevense ceos pouco anubrados ou despexados nas próximas datas. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con valores que en xeral descenderán moderadamente



Comentarios