Segue o sol pero baixan as temperaturas

Segue o sol pero baixan as temperaturas
Segue o sol pero baixan as temperaturas

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 4 e os 13 graos

O domingo mantense o anticiclón ao norte de Galicia, con ventos de compoñente norte e entrada de aire frío. Con esta situación comezaremos a xornada cos ceos parcialmente cubertos, con máis nubes no norte de Lugo, onde se podería rexistrar algún orballo, e bancos de néboa no interior. Co avance do día os ceos quedarán pouco nubrados ou despexados, con nubes de evolución que se formarán a sur da provincia de Ourense. As temperaturas máximas e mínimas sufrirán un novo descenso. Os ventos soprarán moderados de compoñente norte.

En Santiago agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos con nubes e claros con outros pouco anubrados ou despexados. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en descenso moderado e máximas sen cambios.

Comentarios
Lo más