Falece unha muller tras caer por un desnivel duns 15 metros en Noia

Falece unha muller tras caer por un desnivel duns 15 metros en Noia
Falece unha muller tras caer por un desnivel duns 15 metros en Noia

Estaba paseando os cans co seu marido

Unha muller, María José Arufe Romeu, de 57 anos de idade, faleceu na tarde do sábado tras caer por un desnivel de 15 metros en Noia, na senda do Tambre, na parroquia noiesa de Roo.

O suceso tivo lugar pasadas as seis e media da tarde cando a  muller paseaba os cans co seu home e unha amiga. Todo indica que esbarou e se precipitou polo terraplén levando un forte golpe. 

Foi o seu esposo o primeiro en auxiliala e de inmediato deu aviso a emerxencias que levaron a cabo un dificultoso plan de rescate, dado que a muller quedara nun lugar de difícil acceso. Tras máis de media hora intentando a reanimación, certificaron o seu falecemento. 



Comentarios