Os Bombeiros de Santiago realizaron case 2.000 actuación no ano 2020

Os Bombeiros de Santiago realizaron case 2.000 actuación no ano 2020
Os Bombeiros de Santiago realizaron case 2.000 actuación no ano 2020

Celebraron este luns o seu patrón

Os Bombeiros de Santiago honraron un ano máis o seu patrón, San Xoán de Deus, aínda que este ano de forma diferente, xa que a habitual recepción no parque non puido celebrarse por mor das medidas restritivas ditadas para a contención da covid.

Tampouco asistiron á tradicional misa, pero a quenda de garda si que se achegou ata a praza do Obradoiro, onde recibiu o saúdo do alcalde, Xosé Sánchez Bugallo; do concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños; así como dos edís do grupo municipal popular, José Antonio Constenla; e de Compostela Aberta, Xan Duro. 

Para o parque bombeios compostelá este ano estivo marcado, como para todos, pola crise sanitaria da Covid 19 na que realizaron 1.900 actuacións, relacionadas na súa meirande parte coa pandemia.

Comentarios
Lo más