O tempo sigue fresco pero con ceos despexados

O tempo sigue fresco pero con ceos despexados
O tempo sigue fresco pero con ceos despexados

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 2 e os 12 graos

O martes Galicia manterase na influencia das altas presións, que seguen a afastar as frontes que se desprazan polo Atlántico. Así, agárdase unha xornada de ceos pouco nubrados ou despexados, con entrada de nubes medias e altas co avance do día. Bancos de néboa matinal localmente persistentes en puntos do interior. As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente, con formación de xeadas, e as máximas quedarán sen cambios ou con lixeiros ascensos. O vento soprará frouxo de compoñente norte.

En Santiago agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos moi anubrados con momentos pouco anubrados ou despexados, ocasionalmente con nubes e claros. Haberá precipitacións do mércores pola noite ó xoves pola mañá e o xoves pola noite. En canto ás temperaturas, serán normais para as mínimas e baixas para as máximas respeto ó agardado para este período, con mínimas que ascenderán moderadamente aínda que oscilarán e máximas que se manterán sen cambios.

Comentarios
Lo más