Reclaman a instalación dun espello para facilitar o tránsito na rúa do Outeiro de Sar, nas Fontiñas

Reclaman a instalación dun espello para facilitar o tránsito na rúa do Outeiro de Sar, nas Fontiñas
Reclaman a instalación dun espello para facilitar o tránsito na rúa do Outeiro de Sar, nas Fontiñas

Recibiu queixas da falta de visibilidade no cruce coa rúa da Raxeira

O BNG demándalle ao Goberno local que revise, cos departamentos correspondentes, a situación que provoca a falta dun espello no cruce das rúas da Raxeira e do Outeiro de Sar e proceda á súa reposición ou a adoptar medidas oportunas para facilitar o tránsito sen risco de colisión.

Segundo explicou Goretti Sanmartín, portavoz do grupo municipal, o BNG recibiu queixas sobre a falta de visibilidade no cruce das rúa da Raxeira e do Outeiro de Sar, ante a desaparición dun espello convexo, o que está a provocar numerosas dificultades para os vehículos que transitan por esas vías e que pode supor un risco de colisión.

De feito, para poder incorporarse ao cruce é necesario achegar o coche á propia vía para observar se veñen outros vehículos, co problema engadido da proximidade dun paso de peóns, o que está a provocar inquedanza entre a veciñanza e as persoas que conducen a diario pola zona.

Lembrou tamén que o BNG xa reclamara en febreiro de 2017 o acondicionamento da rúa do Outeiro de Sar, coa instalación de beirarrúas e iluminación adecuadas para incrementar a seguridade viaria no barrio das Fontiñas.

Deste xeito, trasladará unha iniciativa ao vindeiro Pleno para que se repoña ese espello convexo ou se adopten as medidas necesarias para solucionar este problema de seguranza viaria que está a causar preocupación entre a veciñanza.

Comentarios