Brión dota ao Servizo de Emerxencias Supramunicipal de equipos de protección individual de categoría 3

Brión dota ao Servizo de Emerxencias Supramunicipal de equipos de protección individual de categoría 3
Brión dota ao Servizo de Emerxencias Supramunicipal de equipos de protección individual de categoría 3

Estes novos equipos de protección individual son unha alternativa aos traxes de intervención

O Concello de Brión vén de entregarlle ao Grupo de Emerxencias Supramunicipal brionés un total de doce equipos de protección individual (EPIs) de categoría 3, a máis alta do mercado. O alcalde, Pablo Lago, explica que “se trata dos equipos de protección individual máis complexos, feitos a medida e especialmente deseñados para incendios forestais e rescate en accidentes xa que son resistentes aos desgarros, aos cortes e mesmo ao lume”.

Estes novos equipos de protección individual son unha alternativa aos traxes de intervención que, se ben tamén é dos mellores do mercado xa ten unha carga de stress froito do tempo de utilización. Ademais, os novos EPIs son máis lixeiros e contan con reforzos nas articulacións, polo que están especialmente recomendados para rescates en accidentes e calquera traballo no que haxa que empregar maquinaria.

Os doce EPIs foron facilitados pola empresa galega Partenón, firma líder no sector do subministro integral de vestiario especializado de alto rendemento. Unha empresa que dende o ano 2000 conta co selo de calidade ISO 9001:2000, que garante que os seus produtos alcanzan os estándares máis altos de calidade.

Comentarios