O Pino inicia unha campaña antivelutina repartindo trampas entre a veciñanza

O Pino inicia unha campaña antivelutina repartindo trampas entre a veciñanza
O Pino inicia unha campaña antivelutina repartindo trampas entre a veciñanza

O Concello fará un trampeo profesional en 100 puntos tras firmar un convenio coa empresa Serpa

O Concello de O Pino iniciou unha campaña contra a avespa velutina cun trampeo profesional do que se encargarán representantes da delegación coruñesa da empresa Servicios Privados Antivelutina (Serpa) e que se complementará repartindo 1.000 trampas entre a veciñanza que desexe cazar raíñas desta especie invasora asiática que está acabando coas abellas autóctonas. As persoas interesadas pódenas  recoller a biblioteca municipal.

Pablo Iglesias e Omar Rincón, representantes de Serpa, estiveron o venres no Concello para ensinar as trampas que se prepararon para este campaña e explicar como se levará a cabo todo o operativo. As trampas son unhas botellas de plástico transparentes que teñen uns atraentes debuxos e un buratos, que se deben colgar nas árbores que están en floración. “Dentro recomendamos poñer zume de arando e cervexa negra, para atraer ás velutinas, cazar as raíñas e evitar a proliferación de niños”, explicaba Pablo Iglesias.

O Concello entregaralle dúas trampas a cada veciño ou veciña que desexe colaborar con esta campaña, e tamén un folleto informativo no que se explicará como colocar as trampas e como se poden facer réplicas das mesmas. “Se cada persoa fai unhas tres réplicas das trampas, xunto coas dúas que lles entrega o Concello, pode facer un perímetro arredor da súa casa de 25-50 metros para cazar a este especie invasora”, explicaba Pablo Iglesias.

O atrente que deben incluír estas trampas é un composto de zume de arando e cervexa negra, “que é o que mellor funciona neste momento”, engade o representante de Serpa. “Un litro de zume e unha lata de cervexa da para cinco trampas e dura uns quince días”. Cada dúas semanas débese cambiar o líquido, para que siga atraendo ás velutinas

Recollida na Biblioteca municipal

As persoas que desexen recoller as trampas deberán achegarse ata a biblioteca municipal en horario de 10.00 a 13.30 de luns a venres e, polas tardes, os luns e mércores de 17.00 a 19.00 horas.

Ademais de deixar os seus datos e aldea na que viven, teñen que facilitar un número de teléfono móbil que teña a aplicación de whatsapp. “Dende Serpa faremos un seguimento por whatsapp desta campaña, para saber como están funcionando as trampas, recomendar cambios, e ir contando as raíñas que se capturan”.

As trampas débense cambiar de árbore a medida que estes vaian florecendo, preferiblemente en zonas de moito sol. “Nestes momentos recomendalos poñelas nas árbores preferidas das velutinas, como son a camelia, o acivro, o rododendro ou o loureiro real”, explica Pablo Iglesias.

Trampeo profesional

O Concello de O Pino completará esta acción cun trampeo profesional, do que se encargarán representantes de Serpa. “Colocaremos 100 trampas xeolocalizadas e faremos seis visitas para revisalas, contar as raíñas capturadas e posibles cambios de localización”, explica Iglesias. Dende Serpa, ademais das árbores en floración, teñen en conta outros  parámetros para decidir onde colocar as trampas, como altura, proximidade a regatos de auga, igrexas, o Camiño de Santiago ou zonas de aglomeración de xente.

O obxectivo desta campaña é capturar o maior número de raíñas posibles e, deste xeito, evitar a proliferación da avespa asiática e que sigan aparecendo niños.

A empresa Serpa ten a súa sede central en Viveiro (Lugo), e  conta con delegacións na Coruña e Pontevedra, ademais de en Asturias, Cantabria e Cataluña. O promotor desta empresa, “José María Vázquez, foi un dos primeiro que comezou a loita contra a velutina en Galicia”, explica Pablo Iglesias.

Comentarios
Lo más