O Pino pide rebaixas nas preaxes e a transferencia da AP-9

O Pino pide rebaixas nas preaxes e a transferencia da AP-9
O Pino pide rebaixas nas preaxes e a transferencia da AP-9

A moción sobre a autoestrada foi aprobada cos votos a favor do PP e do BNG e en contra do grupo socialista

O Pleno da Corporación do Pino aprobou  por unanimidade o plan estratéxico de subvencións do concello para os vindeiros tres anos. Cos votos a favor de PP e BNG, e en contra do PSdeG, aprobouse a moción do goberno local solicitando a aplicación inmediata de rebaixas nas peaxes da AP-9 e a transferencia da autoestrada á Xunta de Galicia.

Cos votos en contra do equipo de goberno local rexeitouse a devolución parcial da taxa de recollida do lixo aos establecementos e comercios que tiveron que pechar durante o ano pasado por mor da pandemia. A moción foi presentada polo PSdeG e contou co apoio do BNG. O alcalde argumentou a negativa do PP a este iniciativa porque xa se rebaixou a taxa do lixo nun 10% para toda a veciñanza do municipio, e porque o sector da hostalaría puido incluír estes gastos tanto nas axudas que sacou o concello como as promovidas por outras administracións.

Coa abstención do PSdeG, o equipo de goberno e o BNG ratificaron as bases de axudas á hostalaría que aprobou recentemente a Xunta de Goberno Local.

Tamén por unanimidade, a Corporación do Pino aprobou solidarizarse hoxe coas reclamacións do persoal da UCI de adultos do Hospital Clínico e solicitarlle á Consellería de Sanidade que poña en marcha medidas para mellorar as condicións de traballo do persoal sanitario e solucionar as carencias deste servizo, como solicitaba a moción presentada polo BNG.

O grupo socialistas retirou a moción para limpar a sinalizar a senda do Picón, despois de que o alcalde se comprometera a reformular o trazado da mesma por terreo público. “Esta ruta marcouse hai máis de trece anos e hai veciños que advertiron hai tramos que ocupan terreos privados”, dixo Manuel Taboada.

O Concello vai acometer unha actuación urxente na estrada de Bama, para arranxar o firme ata que non se acomete unha acción máis ampla nesta vía, que está incluída no Plan complementario do POS+ 2020. Este anuncio favoreceu que os socialistas retiraran a moción que tiñan presentado ao respecto.

Comentarios
Lo más