Os comercios adheridos a á campaña das tarxetas Merc@ames obtiveron a través desta iniciativa unha media de preto de 750 euros

Os comercios adheridos a á campaña das tarxetas Merc@ames obtiveron a través desta iniciativa unha media de preto de 750 euros
Os comercios adheridos a á campaña das tarxetas Merc@ames obtiveron a través desta iniciativa unha media de preto de 750 euros

As tarxetas tarxetas Bono-Reactiva Ames que a concellaría de Promoción Económica puxo en marcha mos primeiros días do mes de marzo de 2021 utilizáronse en 159 establecementos de Ames, xerando unha media de 734,11 euros de negocio en cada un deles. Até o momento gastáronse 116.723,99 euros, o que supón case o 60% dos cartos postos en circulación a través desta campaña. Quedan por gastar 87.000 euros que os/as posuidores/as das tarxetas poderán empregar até o 1 de maio ou na segunda fase da campaña que se desenvolverá entre o 1 de setembro e o 31 de outubro desde mesmo ano. A tarxeta-bono Reactiva Ames é unha tarxeta prepago a través da cal o Concello de Ames pon ao dispor das persoas beneficiarias unha axuda do 40% do valor da mesma.

Unha media de preto de 200 operación diarias e case catro mil euros invertidos a través das tarxetas merc@mes é o balance da campaña das tarxetas Bono-Reactiva Ames que a concellaría de Promoción Económnica puxo en marcha co obxectivo de contribuír á promoción do comercio local e ao movemento económico que sufriu un duro golpe por mor da crise da COVID19. As tarxetas esgotáranse en pouco días e, en tan só un mes, do importe total posto en circulación o comercio de Ames recibiu xa case un 60%.

Cómpre salientar que o record de vendas produciuse o día 5 de marzo no que os clientes gastaron no comercio local 8.861,82 euros e que houbo varias xornadas nas que se superaron os 6.000 euros de vendas. Os pequenos establecementos de alimentación, seguidos dos de deportes e moda acadaron neses primeiros días as maiores porcentaxes de vendas, destacando seguidamente ópticas, librarías, perruquerías e establecementos de hostalaría.

A concellaría de Promoción Económica lembra aos usuarios e usuarias que poden consultar o saldo que lles queda nas tarxetas premendo nesta ligazón. Asemade insiste en que, aínda que xa non teña saldo, garden as tarxetas para próximas promocións.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Paz manifesta a satisfacción do seu departamento polo éxito da campaña: " Estamos moi contentos coa resposta á campaña das tarxetas e podemos dicir tamén que cheganos esa satisfacción pola campaña desde os propios establecementos". Ana Paz engade que o seu departamento espera en breve porder destinar máis credito para a segunda fase da campaña que se desenvolverá entre o 1 de setembro e o 31 de outubro". A concelleira lemra tamén que Abrirase un novo periodo para que novos establecementos se poídan adherir a campaña".

Comentarios
Lo más