Os pensionistas volven ao Obradoiro este luns

Os pensionistas volven ao Obradoiro este luns
Os pensionistas volven ao Obradoiro este luns

Como cada primeiro luns de mes

Este luns, 5 de abril, volven os pensionistas a concentrarse na praza do Obradoiro ás 12 da mañá, en defensa das pensións e dos servizos públicos.

Dende a asociación apuntan que "É necesario responder as mensaxes que, desde o poder económico e algún sector do Goberno, se veñen lanzando sobre retrasar a idade de xubilación e estender o prazo de cálculo, por exemplo. Se é un globo sanda, que a sonda lles devolva unha descarga disuasoria".

Asimismo indican que "na autorización da Subdelegación do Goberno indícasenos, e nós recordámolo, que debemos cumprir as medidas aprobadas polas autoridades sanitarias, incluíndo as que foron dispostas pola Xunta de Galicia a raíz da aprobación do Real Decreto-Lei 21/2020, de 9 de xuño, en particular o uso obrigatorio de máscara e o mantemento da distancia de seguridade de, ao menos, 1,5 metros entre os participantes".

Comentarios
Lo más