A semana comeza con sol e calor

A semana comeza con sol e calor
A semana comeza con sol e calor

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 8 e os 21 graos

O luns manterase a influencia anticiclónica sobre Galicia. Así, os ceos estarán pouco nubrados ou despexados en xeral, con entrada de nubes baixas á noite polo terzo norte. As temperaturas quedarán sen cambios significativos. O vento soprará do nordés, con intervalos fortes no litoral coruñés.

En Santiago prevense ceos pouco anubrados ou despexados nas próximas datas. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que se manterán sen cambios e máximas que descenderán lixeiramente, a pesar de que oscilarán.

Comentarios
Lo más