Tempo sen cambios en Compostela

Tempo sen cambios en Compostela
Tempo sen cambios en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 7 e os 20 graos

O mércores o anticiclón desprazarase cara ao leste polo Cantábrico traendo novamente un día de estabilidade atmosférica, con fluxo de ventos do leste. Teremos así unha xornada con ceos pouco nubrados con intervalos de nubes altas. As temperaturas mínimas seguirán sen cambios significativos mentres que as máximas ascenderán lixeiramente na metade norte, mentres que terán lixeiros descensos na metade sur. O vento soprará de compoñente leste, frouxo con intervalos de moderado en terra, forte no litoral norte.

En Santiago agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos con nubes e claros con outros pouco anubrados ou despexados. Agárdanse precipitacións o venres. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en ascenso moderado e máximas en ascenso lixeiro.


Comentarios
Lo más