Comeza a arrefriar preludio da chuvia

Comeza a arrefriar preludio da chuvia
Comeza a arrefriar preludio da chuvia

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 8 e os 19 graos

Na xornada do xoves aumentará lixeiramente a inestabilidade atmosférica. Así, os ceos estarán pouco nubrados con nubes de tipo medio e alto. Pola tarde medrarán nubes de evolución no sueste que mesmo poden dar lugar a chuvascos treboentos. As temperaturas mínimas experimentarán un moderado ascenso mentres que as máximas quedarán sen cambios en xeral, con lixeiros descensos na franxa atlántica e moderados ascensos no norte da provincia de Lugo. O vento soprará de compoñente sur, frouxo pola mañá, aumentando a moderado pola tarde.

En Santiago, ceos pouco anubrados ou despexados ó comezo do período, aínda que cara a metade e ó final do mesmo predominarán con nubes e claros. Haberá precipitacións o venres e o sábado. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que ascenderán moderadamente aínda que oscilarán e máximas que descenderán notablemente.

Comentarios
Lo más