Continúa aberto o prazo de solicitude de praza nas escolas infantís municipais ata o 16 de abril

Continúa aberto o prazo de solicitude de praza nas escolas infantís municipais ata o 16 de abril
Continúa aberto o prazo de solicitude de praza nas escolas infantís municipais ata o 16 de abril

A Xunta de Goberno Local do 22 de febreiro do 2021 aprobou o calendario de prazos de solicitude de ingreso nas escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Salgueiriños-Meixonfrío. Os impresos e a documentación de solicitude de praza deben presentarse entre o 16 de marzo e o 16 de abril (inclusive).

As solicitudes poderán descargarse na web municipal. Tamén poderán solicitarse por correo electrónico a calquera das tres escolas infantís ou recollerse nas propias escolas.


Cómpre lembrar que, xunto co impreso de solicitude, os/as representantes legais do neno/a deben achegar a documentación que se detalla na mesma.

Os impresos de solicitude e a documentación poden presentarse por rexistro, de forma telemática, seguindo as instrucións contidas neste enlace.

Tamén poden entregarse de forma presencial no Rexistro do Concello de Santiago, pedindo previamente cita no teléfono 881505107.

Aquelas persoas que solicitasen prazas para este curso e figuren en situación de agarda deben facer de novo a solicitude de admisión.

A rede de escolas infantís municipais está formada por:

Escola Infantil de Conxo "Escola de Min", praza de Aurelio Aguirre nº 1, en Conxo.

Escola Infantil das Fontiñas "Escola do Coelliño Branco", rúa das Fontes do Sar nº 1, As Fontiñas.

Escola Infantil de Meixonfrio-Salgueiriños, rúa do Lavadoiro s/n.

Todas as escolas teñen un horario amplo de funcionamento que é:

De 7.30 a 20.30 horas de luns a venres.

Nos períodos de Nadal, Semana Santa e nos meses de verán, considerados de Servizos mínimos, as escolas abren de 7.30 a 16.00 horas.

Co obxecto de facilitar a conciliación familiar, laboral e persoal das familias ofrécese flexibilidade horaria nas entradas e saídas do alumnado. Unha vez confirmados os horarios coas familias respectivas, deberán manterse durante todo o curso. De ser preciso un cambio durante o curso deberá solicitarse por escrito e agardar á súa concesión.

A recomendación é que o alumnado non permaneza na escola máis de seis horas pero en ningún caso poderá sobrepasar as oito, salvo por razóns moi xustificadas que a familia deberá acreditar documentalmente.

Pode solicitarse praza aínda que o neno/a non nacera. O requisito para que poida matricularse é que naza antes do 1 de setembro de 2021. Se nacese despois desa data pode solicitar praza pero quedaría en listaxe de agarda.

Pódese pedir praza para as tres escolas á vez.

A solicitude é única para as tres escolas. Debe marcarse a orde de preferencia.

Protocolo COVID-19 nas escolas
Dende o inicio do curso 2020-2021 estableceuse un protocolo de medidas de hixiene e seguridade ante a COVID-19, que se pon a disposición de todas as familias no momento de formalizar a praza e é de obrigado cumprimento para todas elas.

Para máis información:

o E.I.M DE CONXO: 981528702 eimdeconxo@yahoo.com

o E.I.M DAS FONTIÑAS 981528703 eimdasfontinas@yahoo.com

o E.I.M DE MEIXONFRIO SALGUEIRIÑOS 981528707 eimdemeixonfrio@yahoo.com

Departamento municipal de Educación:

Tel: 981 554400-01 dptoeducacion@santiagodecompostela.gal 

Comentarios
Lo más