Chega a chuvia a Compostela

Chega a chuvia a Compostela
Chega a chuvia a Compostela

As temperaturas en Santaigo oscilarán entre os 8 e os 19 graos

Aumenta a inestabilidade atmosférica durante esta xornada. Con esta situación, agárdanse intervalos de nubes e claros, con chuvascos de carácter tormentoso, máis xeneralizados pola tarde. As temperaturas mínimas continuarán sen cambios ou con lixeiros ascensos no terzo norte, mentres que as máximas descenderán lixeiramente. Os ventos soprarán de compoñente sur, moderados no litoral e máis frouxos no interior.

En Santiago prevense ceos con nubes e claros nas próximas datas. Haberá precipitacións o venres e o sábado. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que se manterán sen cambios aínda que oscilarán e máximas que descenderán moderadamente. Vento forte do Nordeste o domingo pola tarde.

Comentarios
Lo más