Oroso comezou as tarefas de limpeza e desbroce da senda a carón do río Tambre

Oroso comezou as tarefas de limpeza e desbroce da senda a carón do río Tambre
Oroso comezou as tarefas de limpeza e desbroce da senda a carón do río Tambre

O Concello de Oroso comezou esta semana as tarefas de limpeza e desbroce da senda a carón do río Tambre que une Porto Aviera coa ponte de Sigüeiro, co obxectivo de que esté nas mellores condicións na primaveira e o verán.


Tratase dunha senda moi transitada polos veciños e das máis fermosas do concello. Coa súa posta en valor, Oroso continúa co seu plan para potenciar todos os espazos naturais do municipio, un dos seus principais atractivos.

Durante as próximas datas, a brigada de obras municipal realizará os traballos desde a ponte ata os arredores do campo de golf de Porto Avieira, unha actuación nun camiño pola natureza á beira do río ideal para o paseo.

A senda pasa polo Refuxio de Sigüeiro e pola área de A Penateixa, dous dos enclaves naturais máis destacados do concello.

Desde hai moitos anos, o grupo de goberno potencia e coida o atractivo paisaxístico e natural de Oroso. No caso desta senda, renovouse o ano pasado e agora presenta un aspecto inmellorable a disposición de veciños e visitantes.

Comentarios
Lo más