Continúa o tempo soleado

Continúa o tempo soleado
Continúa o tempo soleado

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 4 e os 20 graos

Non se agardan cambios significativos para o sábado, con Galicia na influencia das altas presións. Así, os ceos permanecerán pouco nubrados ou despexados, con algún intervalo de nubes altas. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso mentres que as máximas descenderán lixeiramente nas Rías Baixas e ascenderán lixeiramente no terzo norte. Os ventos soprarán frouxos de compoñente leste.

En Santiago teremos ceos pouco anubrados ou despexados con momentos moi anubrados ou con nubes e claros. Haberá precipitacións o luns. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que ascenderán moderadamente aínda que oscilarán e máximas que descenderán moderadamente.

Comentarios