Aparecen nubes no horizonte compostelán

Aparecen nubes no horizonte compostelán
Aparecen nubes no horizonte compostelán

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 7 e os 19 graos

O domingo será unha xornada de transición na que iremos perdendo a influencia anticiclónica. Con esta situación, agárdase un aumento progresivo das nubes de tipo medio e alto que irán deixando os ceos máis cubertos na segunda metade do día, mesmo con posibilidade dalgunha chuvia pola noite na fachada atlántica. As temperaturas mínimas ascenderán moderadamente, mentres que as máximas seguirán sen cambios, con ascensos na Mariña. O vento soprará frouxo de compoñente sur.

En Santiago agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos con nubes e claros con momentos pouco anubrados ou despexados, ocasionalmente moi anubrados. Haberá precipitacións o luns e o martes. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que ascenderán moderadamente e máximas que descenderán moderadamente.

Comentarios