Volve a chuvia a Compostela

Volve a chuvia a Compostela
Volve a chuvia a Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 9 e os 17 graos

Durante este día unha fronte non moi activa achegarase a Galicia e traerá consigo un aumento de nubes e precipitacións dispersas de carácter feble en xeral. As temperaturas mínimas experimentarán un forte ascenso, mentres que as máximas descenderán entre lixeira e moderadamente. Os ventos soprarán frouxos de compoñente oeste.

En Santiago teremos ceos con nubes e claros con momentos moi anubrados. Haberá precipitacións o luns e o martes. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que ascenderán moderadamente e máximas que descenderán moderadamente.

Comentarios