Solicitan que se revisen e melloren escaleiras e varandas en espazos públicos

Solicitan que se revisen e melloren escaleiras e varandas en espazos públicos
Solicitan que se revisen e melloren escaleiras e varandas en espazos públicos

Aínda que afortunadamente non son frecuentes as caídas en escaleiras, un recente accidente aconsella realizar labores de supervisión e mellora para incrementar a súa seguridade

Un desgraciado accidente acontecido no mes pasado nas escaleiras do paso inferior da SC-20 desde a rúa Batalla de Clavijo veu poñer de manifesto o perigo que poden supoñer estas infraestruturas tan frecuentes na rede urbana. Aínda que este tipo de sucesos non son frecuentes, a súas nefastas consecuencias aconsellan prestarlle unha atención especial, desenvolvendo un labor preventivo que garanta un correcto estado e mantemento para evitar en primeiro os danos ás persoas. 

Ao longo da cidade existen escaleiras que presentan evidentes signos de deterioro e dunha axeitada atención para que ofrezan a maior seguridade: con chanzos partidos, perigosa presenza de verdello que as fai esvaradizas, firme irregular nos seus accesos ou varandas ás que lle faltan elementos ou cos seus materiais deteriorados. 

Para tratar de mellorar esta situación, o Grupo Popular vai presentar unha iniciativa no Pleno deste mes de abril para que o Goberno municipal ordene a supervisión e control das escaleiras existentes nas rúas, parques e, en xeral, nos espazos públicos do concello, así como nas zonas de tránsito con desniveis, para efectuar os necesarios traballos de limpeza, reparación e mantemento de todos os seus elementos, aproveitando eses labor para garantir a maior seguridade e a mellor accesibilidade nestas estruturas, aumentando a súa utilidade e diminuíndo os seus riscos.

Comentarios