A chuvia chegou para quedarse

A chuvia chegou para quedarse
Foto: Meteogalicia
A chuvia chegou para quedarse

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 9 e os 16 graos

O mércores Galicia quedará na influencia dunha borrasca situada ao oeste de Fisterra que enviará unha fronte durante a tarde. Así, comezaremos a xornada cos ceos parcialmente cubertos e a partir do mediodía chegarán os chuvascos, ocasionalmente de carácter tormentoso. As temperaturas non terán cambios significativos. Os ventos soprarán frouxos de compoñente sur en xeral e de compoñente leste no litoral norte.

En Santiago, ceos con nubes e claros en xeral durante os vindeiros días. Agárdanse precipitacións tódolos días. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas sen cambios e máximas en ascenso lixeiro, a pesar de que oscilarán.

Fuente: Meteogalicia




Comentarios