Frades conmemorará o Día do Libro cun contacontos e un obradoiro de marca páxinas gratuítos

Frades conmemorará o Día do Libro cun contacontos e un obradoiro de marca páxinas gratuítos
Frades conmemorará o Día do Libro cun contacontos e un obradoiro de marca páxinas gratuítos

O sábado 24 de abril

O Concello de Frades conmemorará o Día do Libro con dúas actividades dirixidas a nenos e nenas de ata 12 anos e que terán lugar este sábado 24 de abril, ás 11:30 horas, no multiúsos de Frades. Trátase dunha sesión de contacontos con bingo literario, onde a rapazada poderá levar distintos premios, e un obradoiro para realizar orixinais marca páxinas personalizados.

Dúas actividades que terán lugar con materiais individuais e respectando en todo momento as medidas de protección fronte á Covid-19. A participación é totalmente de balde, se ben é imprescindible anotarse no Concello de Frades ou chamando ao 981 965 567 antes do xoves 22 de abril.

Comentarios