Pistoletazo de saída ao verán en Oroso coa apertura da piscina o día 15

Pistoletazo de saída ao verán en Oroso coa apertura da piscina o día 15
Pistoletazo de saída ao verán en Oroso coa apertura da piscina o día 15

Con aforo limitado e protocolos Covid

O Concello de Oroso abrirá na segunda quincena de maio a piscina municipal, grazas á cuberta instalada o ano pasado que permite o uso das instalacións mesmo os días que o bo tempo non acompaña.

“O concello ten como obxectivo que a veciñanza disfrute da piscina respectando as normas derivadas do coronavirus, xa que a saúde é o primeiro a día de hoxe”, afirma Antonio Leira, concelleiro de Deportes.

A ocupación máxima será do 50%, cumprindo coas recomendacións sanitarias vixentes, e o horario de apertura das instalacións será de 16:00 a 21:00 horas do 15 ao 31 de maio (os sete días da semana). A partir do 1 de xuño, o horarioé de 11:00 a 21:00 horas.

PREZOS CARNÉS PISCINA:

Nenos/as EMPADROADOS de 4 a 16 anos…..: 17 Eur.

Maiores de 16 anos EMPADROADOS.............: 25 Eur.

(Familia numerosa desconto 20%)

Nenos/as NON EMPADROADOS de 4 a 16 anos.....: 24 Eur.

Maiores de 16 anos NON EMPADROADOS.............: 32 Eur.

PREZOS ENTRADAS PISCINA:

Nenos/as de 4 a 16 anos…..: 1,50 Eur.

Maiores de 16 anos.............: 2,00 Eur.

Unha vez completo o aforo establecido, o usuario non poderá acceder á

instalación ata que non saian outros usuarios.

Comentarios
Lo más