Sábado con chuvia en Compostela

Sábado con chuvia en Compostela
Sábado con chuvia en Compostela

As tempereaturas en Santiago oscilarán entre os 5 e os 14 graos

Non se agardan cambios significativos para o sábado, xa que se manteñen os ventos de compoñente norte e aínda certa inestabilidade. Así, os ceos estarán parcialmente cubertos con chuvascos que pola mañá comezarán a caer no terzo norte e que se irán desprazando cara ao sur co avance do día. As temperaturas non experimentarán cambios significativos. O vento soprará frouxo do norte, aumentando a moderado pola tarde.

En Santiago agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos con nubes e claros con outros pouco anubrados ou despexados. Agárdanse precipitacións o sábado pola tarde. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas sen cambios e máximas en ascenso notable.

Comentarios
Lo más