Soleado Día da Nai en Compostela

Soleado Día da Nai en Compostela
Foto: Meteogalicia
Soleado Día da Nai en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 4 e os 16 graos

O domingo Galicia quedará baixo influencia anticiclónica. Con esta situación, agárdase unha mañá de ceos pouco nubrados ou despexados en xeral; pola tarde teremos aínda nubes de evolución no interior, que poden deixar algún chuvasco puntual nas montañas. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, xeando en zonas de interior, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. Os ventos soprarán do nordés en xeral, frouxos pola mañá, aumentando a moderados pola tarde.

En Santiago, agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos con nubes e claros con outros pouco anubrados ou despexados. As temperaturas serán baixas para as mínimas e normais para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con mínimas sen cambios e máximas en ascenso moderado.

Fuente: Meteogalicia

Comentarios