Luns baixo o sol

Luns baixo o sol
Foto: Meteogalicia

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 6 e os 19 graos

A semana comezará en Galicia baixo condicións anticiclónicas e polo tanto con predominio da estabilidade. Agardamos así unha xornada de ceo pouco nubrado ou despexado, con algún intervalo de nubes altas na metade norte e néboas matinais en vales do interior. As temperaturas subirán, sendo o ascenso máis acusado nos valores máximos diúrnos. Os ventos soprarán frouxos, de dirección variable.

En Santiago agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos con nubes e claros con momentos pouco anubrados ou despexados, ocasionalmente moi anubrados. Haberá precipitacións o mércores pola mañá. En canto ás temperaturas, serán baixas para as mínimas e normais para as máximas respeto ó agardado para este período, con mínimas que ascenderán notablemente e máximas que ascenderán lixeiramente.

Fuente: Meteogalicia



Comentarios
Lo más