Nova campaña de entrega de vales para padriños e madriñas das xardineiras de Boqueixón

Nova campaña de entrega de vales para padriños e madriñas das xardineiras de Boqueixón
Nova campaña de entrega de vales para padriños e madriñas das xardineiras de Boqueixón

As persoas participantes neste programa recibirán no seu enderezo o bono que poderán canxear en distintos viveiros do municipio

O Concello de Boqueixón iniciará no mes de maio a campaña de entrega de vales para padriños e madriñas das xardineiras do municipio. Esta iniciativa, que xa leva un lustro en marcha, ten como principal obxectivo “procura acadar beneficios socioambientais, alongar a vida das plantas nas xardineiras, busca a harmonización e recuperación da contorna rural e, sobre todo, unha achega persoal e artística da veciñanza ó espazo público”.

As persoas participantes neste programa municipal recibirán nos vindeiros días os seus vales por correo postal para proceder ao seu canxeo antes do vindeiro 1 de setembro. As posibilidades que se ofertan son as seguintes:

  • Opción A: 10 plantas (petunia, begonia, tajete ou clavelina)
  • Opción B: 5 plantas (surfinia, verbena, xeranio ou guineana)

Os devanditos vales poderanse canxear en calquera dos seguintes viveiros do municipio: Isaac Fernández Prieto (Rodiño- Sergude); Viveiros Compostela SAT (A Corna- Pousada); María Josefa Sánchez Pernas (Lamas), e Xardín Compostela, SL (Lestedo). Dende o Concello de Boqueixón lembran que, dada a situación sanitaria actual, “é imprescindible no momento do canxe ver a dispoñibilidade do produto ou ver posibilidade de substitución por produtos de condicións semellantes”.

Comentarios