Navia Rivas insiste en que o alcalde debe realizar as xestións necesarias para readmitir os traballadores do autobús ao aeroporto

Navia Rivas insiste en que o alcalde debe realizar as xestións necesarias para readmitir os traballadores do autobús ao aeroporto
Navia Rivas insiste en que o alcalde debe realizar as xestións necesarias para readmitir os traballadores do autobús ao aeroporto

Unha sentenza declara a improcedencia do despedimento motivado co cambio de empresa concesionaria deste servizo

A concelleira Navia Rivas explicou que o BNG considera que é importante que o Goberno local se implique e realice as xestións necesarias para a readmisión do persoal do servizo de transporte ao aeroporto e por iso seguirá insistindo “en que debe situarse do lado dos traballadores porque é unha situación preocupante a perda destes postos de traballo e vai en detrimento da calidade do servizo”.

“Vimos nos últimos días que dos xulgados saía unha boa noticia de que a empresa concesionaria de transporte urbano Tralusa debe readmitir un dos traballadores da liña de Santiago ao aeroporto da antiga empresa concesionaria, mais a indemnización correspondente polo tempo que deixou de traballar”, sinalou.

“Desde o BNG sempre estivemos do lado deste persoal e levamos ao Pleno diversas iniciativas relacionadas con esta cuestión, polo que vemos con preocupación un Goberno local que mostra unha total falta de determinación e compromiso cos dereitos laborais dos traballadores da liña do aeroporto”, advertiu. A iso súmase, unha vez máis, “esa falta diálogo característica do Goberno local que se estende a diversos ámbitos e neste do transporte de maneira significativa”.

Os traballadores seguen a reclamar a readmisión que lles corresponde, esa subrogación que quedara pactada e por iso, desde o BNG, apoiaron as concentracións que convocaron nestes últimos meses para reclamar ese cumprimento dos acordos e a subrogación efectiva de todos os traballadores.

Ademais, Navia Rivas lembrou que desde que o servizo cambiou de empresa concesionaria, a veciñanza detectou na Lavacolla un empeoramento claro motivado por unha frecuencia de autobuses insuficiente e isto é unha cuestión que cómpre resolver.

“O Goberno local debe facer ese papel de mediador, coas xestións que sexan necesarias para facer realidade a readmisión de traballadores, porque é unha cuestión de xustiza”, concluíu a concelleira.

Comentarios
Lo más