Corte de tráfico nas rúas Diego Bernal e Fontes de Sar

Corte de tráfico nas rúas Diego Bernal e Fontes de Sar
Corte de tráfico nas rúas Diego Bernal e Fontes de Sar

Afécta este corte aos accesos á Cidade da Cultura para vacinación 

Do mércores 5 ao venres 7 de maio vaise proceder á reparación do firme nas rúas de Diego Bernal e das Fontes do Sar. Por este motivo, estes viarios, que unen a zona de Sar coas Fontiñas, estarán pechados ao tráfico.

Para o acceso dos vehículos particulares á Cidade da Cultura recoméndase o uso do enlace coa A-9.

Transporte urbano

*Liña 9: nas xornadas do mércores 5 e do xoves 6, permitiráselle o paso ao autobús para acceder á Cidade da Cultura. Quedará suprimida estes dous días a parada 324, multiusos Fontes do Sar. Desde a parada das piscinas, a liña accederá directamente á CDC.

O venres 7, a liña 9 non poderá acceder á rúa Fontes do Sar, co que o acceso á Cidade da Cultura o realizará a través da SC-20 e AP-9, nos dous sentidos de circulación da liña. Desde a rúa Londres, a liña tomará a SC-20 en sentido norte, accederá á AP-9 no enlace de San Lázaro e entrará na CDC a través da saída directa da AP-9.

Na Cidade da Cultura realizará as paradas habituais, tanto nas chegadas como na saídas desde alí, antes de coller novamente a AP-9 para voltar á rúa de Londres.

Quedarán suprimidas para a liña 9 na xornada do venres 7, as paradas 492 e 494 (rúa Fontes do Sar), 383 e 493 (Piscinas Fontes do Sar) e 324 (multiusos Fontes do Sar).

*Liña C5: o desvío terá lugar os tres días do corte, de mércores a venres. Desde a rúa Ponte de Sar, ao non poder xirar cara Diego Bernal, continuará por Ponte de Sar, rúa de Sar, Curros Enríquez, Bernardo Barreiro, avda. de Lugo e retomará o seuitinerario na rúa de Londres.

Quedarán suprimidas as paradas 324 (multiusos Fontes do Sar), 383 (Piscinas Fontesdo Sar) e 492 (rúa das Fontes do Sar).

*Liña C6: o desvío terá lugar os tres días do corte, de mércores a venres. Desde a rúa París, ao non poder posteriormente acceder ás rúas Fontes do Sar e Diego Bernal, desviarase ao final de París á esquerda cara a rúa de Londres, accederá ao carril de servizo da SC-20 en sentido centro, avda. de Lugo, Bernardo Barreiro, Curros Enríquez, rúa de Sar e retomará o seu itinerario habitual na rúa Ponte de Sar.

Quedarán suprimidas as paradas 494 (rúa Fontes do Sar nº 4), 493 (Piscinas Fontes doSar) e 324 (multiusos Fontes do Sar).

Comentarios