Bugallo defende a aposta polo quinto contedor, “un sistema máis operativo que a compostaxe que cumpre todas as esixencias da Unión Europea”

Bugallo defende a aposta polo quinto contedor, “un sistema máis operativo que a compostaxe que cumpre todas as esixencias da Unión Europea”
Bugallo defende a aposta polo quinto contedor, “un sistema máis operativo que a compostaxe que cumpre todas as esixencias da Unión Europea”

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, defendeu a aposta do concello polo quinto contedor, tal e como recolle o novo prego de licitación do concurso do servizo de recollida de lixo e limpeza viaria que acaba de ser licitado. Un sistema, aclarou, “bastante máis operativo que a compostaxe”, que “cumpre todas as esixencias da Unión Europea”. En todo caso, engadiu, “experimentos, preferimos ser un pouco prudentes con eles, sobre todo nunha materia tan fundamental como esta, porque un erro pode ter consecuencias severas, tanto desde o punto de vista económico, como desde o punto de vista do resultado”.

Sobre a aposta pola compostaxe de BNG e Compostela Aberta, o alcalde sinalou que nas zonas rurais “ten un certo encaixe”, pero nas áreas urbanas, “é complicado. A hipótese de encher todo co casco urbano de composteiros xera opinións contraditorias por parte da veciñanza”. É dificil, continuou, que a xestión do lixo dunha cidade de 100.000 habitantes, “poida resolverse con ese sistema”. Pode funcionar, engadiu, “como un sistema complementario, pero non como sistema principal”. 

A Compostela Aberta respondeulle que “tivo tempo de sobre para convocar o concurso. Ao final convocámolo nós, cos criterios que nos parecían razonables”. Recordou que o contrato finalizou a principios do goberno de CA, polo que “puideron ter convocado o concurso en calquera momento do seu mandanto. Non o fixo porque non foi capaz de armalo”. 

Sobre o BNG, sorpréndelle a súa posición. Explicou que no ano 2003 sairon “do goberno de coalición porque puñan como condición sine qua non que había que saír de Sogama. A conclusión á que nós chegamos é que había que continuar en Sogama”; onde, explicou,  tamén siguen, 18 anos despois, os concellos de Pontevedra, Allariz, e Carballo, gobernados pola formación nacionalista, así como as sete principais cidades galegas. 

Comentarios