Nova concentración da Plataforma de Pensionistas de Compostela

Nova concentración da Plataforma de Pensionistas de Compostela
Nova concentración da Plataforma de Pensionistas de Compostela

En defensa dunhas pensións dignas

Este luns, tres de maio, a Plataforma Pensionistas Compostela volveu a concentrarse ás doce da mañá na praza do Obradoiro en defensa dunhas pensións dignas e duns servizos sociosanitarios a maiores e dependentes, públicos e de calidade.  

 “Unha vez máis queremos trasladar ao Goberno do Estado que non pararemos de mobilizarnos ata que se garantan as pensións nos Orzamentos Xerais do Estado e a súa revalorización de acordo ao IPC anual; e se recolla na Constitución Española a garantía das pensións públicas”, defenden dende a Plataforma

"Volvemos porque tampouco podemos silenciar que son moit@s @s pensionistas que viven no limiar da pobreza, moitas as mulleres que sofren a fenda de xénero en salarios e pensións, moitas as  viúvas que seguen sen cobrar o 100% da súa base reguladora, e que seguen a esperar que a Reforma do Sistema de Pensións  poña fin a tales situacións", apuntan dende a Plataforma.

Comentarios