Recepción ao embaixador de Suíza en Raxoi

Recepción ao embaixador de Suíza en Raxoi
Recepción ao embaixador de Suíza en Raxoi

Asinou no Libro de Ouro do Concello

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu este martes no Pazo de Raxoi o embaixador de Suíza en España, Hanspeter Mock, que asinou no Libro de Ouro do Concello.

No acto tamén estiveron presentes os voceiros do grupos municipais socialista, Sindo Guinarte; de CA, Marta Lois; e do BNG, Goretti Sanmartín; e o concelleiro do grupo municipal popular, José Antonio Constenla.

No libro de Ouro agradeceu a visita e deixou un desexo para o futuro: "sigamos xuntos polo camiño da cooperación". Hansperter Mock asumiu o cargo en setembo de 2020, en substitución de Giulio Haas. 

Comentarios