Unha mostra na Asociación Área Empresarial do Tambre recolle a visión de vinte sanitarios da área de Santiago

Unha mostra na Asociación Área Empresarial do Tambre recolle a visión de vinte sanitarios da área de Santiago
Unha mostra na Asociación Área Empresarial do Tambre recolle a visión de vinte sanitarios da área de Santiago

Poderase visitar ata o 21 de maio na sala de exposicións do Centro Empresarial do Tambre

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) abriu unha exposición conxunta de pintura, escultura y fotografía dun grupo de vinte artistas galegos: Abel García, Alfredo Serandeses, Ángel Carracedo, Begoña García Cepeda, Carmen Cunqueiro, Javier San Martín, Javier Ventosa, José Luis Iglesias Diz, Joaquín Cortes, Lola Martín, Luís Sande, Myriam Martín, Nolo Suárez, Pablo Galego, Pilar Feas, Rafa Romero, Raquel Blanco, Sara Rial Cortizo, Tino Cuesta e Xulio Maxide.

A mostra, “Arte sanitario en Santiago de Compostela” estará aberta ao público ata o 21 de maio na sala de exposicións do Centro Empresarial do Tambre de Santiago de Compostela, en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas.

O promotor e coordinador da exposición, Pablo Galego, explica que o seu obxecto é presentar á sociedade o vínculo entre a profesión sanitaria e a creación artística, “nexo de longa tradición entre as ciencias da saúde e a arte polo matiz humanista do que se impregnan ambas disciplinas”.

Recolle a visión de profesionais da sanidade pertencentes á área sanitaria de Santiago de Compostela, que a súa vez tamén son creadores de arte plástica. Presentan un conxunto de vinte obras de temáticas e estilísticas diferentes que reflicten a expresión da traxectoria artística de cada autor.

Son trece pinturas en acrílicos sobre lenzo, mixta sobre fibra de vidro, tinta sobre papel, mixta sobre madeira, acuarela sobre papel, mixta sobre cartón e óleo sobre lenzo. Na disciplina de fotografía, exporanse seis obras sobre papel Dibond, impresión en tinta látex sobre vinilo, impresa sobre polivinilo e sobre papel fotográfico satinado. Finalmente, a exposición contará cunha escultura en ferro.

Comentarios