Touro captura máis de 1.300 raiñas fundadoras nun mes nas 125 trampas xeolocalizadas ubicadas en todo o Concello

Touro captura máis de 1.300 raiñas fundadoras nun mes nas 125 trampas xeolocalizadas ubicadas en todo o Concello
Touro captura máis de 1.300 raiñas fundadoras nun mes nas 125 trampas xeolocalizadas ubicadas en todo o Concello

Trátase de combater a vespa velutina

O Concello de Touro capturou 1.314 raiñas fundadoras durante o mes de abril nas 125 trampas xeolocalizadas ubicadas en diferentes puntos de municipio para combater a plaga da vespa velutina. As accións estanse a facer durante a primavera. A empresa especializada nestes traballos contratada polo Concello de Touro destaca que o número de capturas, realizado en dúas recollidas feitas cada 15 días, “é moi bo e está tendo moi bos resultados”. 

A empresa Serpa (Servicios Privados Antivelutina) é a encargada de poñer en marcha os servizos de prevención para combater a presenza da vespa velutina no municipio de Touro. A firma contratada desenvolve o que se denomina ‘trampeo profesional’, que consiste na acción de instalar trampas xeolocalizadas con atraíntes especiais para capturar nos meses desta primavera raiñas fundadoras de niños de vespa velutina, que despóis do letargo invernal comenzan de novo o seu ciclo. As accións desenvólvense na primavera e ata xuño. O técnicos colocan as trampas xeolocalizadas e comproban as capturas cada 15 días. Durante toda a primavera instalan 125 trampas, ubicadas en función de criterios de maior incidencia da plaga e dos posibles riscos para a poboación.  

Os responsables da empresa animan aos veciños e veciñas de Touro a colaborar co trampeo nas súas propiedades, nos seus xardíns e nas súas hortas. “A colaboración de todos os habitantes do Concello é fundamental para combater á vespa velutina. 

Comentarios