Mércores con nubes e chuvia en Compostela

Mércores con nubes e chuvia en Compostela
Foto: Meteogalicia
Mércores con nubes e chuvia en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 10 e os 18 graos

O mércores continuaremos nunha situación intermedia entre as altas e as baixas presións con fluxo de ventos do oeste que achegan humidade dende o mar. Agárdase así unha mañá de ceos nubrados, con orballos no oeste, e unha tarde con tendencia á apertura de claros. Á noite aumentarán de novo as nubes con orballos na fachada atlántica. As temperaturas mínimas ascenderán entre notable e moderadamente, mentres que as máximas seguirán sen cambios. O vento soprará de compoñente oeste, frouxo, con intervalos de moderado no litoral norte.

En Sanatiago agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos moi anubrados con momentos con nubes e claros. Haberá precipitacións tódolos días. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que ascenderán notablemente e máximas que se manterán sen cambios.

Fuente: Meteogalicia

Comentarios