A Feira do Libro arranca en Compostela este sábado

A Feira do Libro arranca en Compostela este sábado
A Feira do Libro arranca en Compostela este sábado

A Feira do Libro volve á Alameda de Santiago do 8 ao 17 de maio. O programa completo foi presentado esta mañá en rolda polo concelleiro de Sindo Guinarte; o director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo; e o presidente da Federación de Libreiros de Galicia, Ramón Domínguez.

Volve a Feira do Libro, que se celebrará na cidade desde o sábado día 8 de maio ata o luns día 17, organizada pola Federación de Librarías de Galicia coa colaboración do Concello de Santiago, a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial da Coruña.

A apertura da Feira do Libro, que estará instalada na Alameda, terá lugar o sábado a partir das 11:30 horas, coa actuación ás 12:30 da Banda Municipal e, tras as intervencións institucionais, o pregón pola escritora Arantza Portabales.

Ao longo de 10 días pasarán pola Feira máis de 60 escritoras, ilustradores, traductores e outros profesionais do mundo do libro.
Desde a organización móstranse moi optimistas coa nova edición da Feira do Libro despois do éxito alcanzado o ano pasado. "Sen dúbida é unha actividade que enriquece o programa festivo e cultural da Ascensión", indicou o concelleiro Sindo Guinarte.

As librerías participantes son: AENEA, A Gata Tola, Cortizas, Ler Librerías Pobra do Caramiñal e Pedreira. Acompañadas da editora Lorca Libros.

A Feira estará ubicada na Alameda, en horarios de 11,30-14,00 h./17,30-21,00 h. 
Comentarios