Homenaxe da área de Santiago aos 165 traballadores xubilados o ano pasado

Homenaxe da área de Santiago aos 165 traballadores xubilados o ano pasado
Homenaxe da área de Santiago aos 165 traballadores xubilados o ano pasado

O acto tivo que desenvolverse en dúas quendas para cumprir coas medidas de aforo e distancia social

A Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza homenaxeou hoxe aos 165 traballadores que se xubilaron o ano pasado nalgún centro da área compostelá. Entre eles persoal de enfermería (enfermeiras, fisioterapeutas, auxiliares de enfermería ou técnicos de laboratorio), facultativos, celadores, persoal administrativo, traballo social, pinche de cociña, mecánicos entre outras moitas categorías profesionais que conforman a sanidade pública compostelá.

Este ano a homenaxe no puido contar co apoio de familiares e compañeiros dos centros sanitarios cos que habitualmente se comparte un aperitivo ao rematar o encontro, que nesta ocasión só se puido seguir en directo pola intranet da área sanitaria.

Tanto a xerente da área, Eloína Nuñez, como o decano da facultade de Medicina, Julián Álvarez, agradeceron o traballo desenvolvido todos estes anos polos profesionais que se veñen de xubilar e destacaron o principal valor do sistema sanitario son os seus profesionais. Pola súa banda, tanto Santiago Torreira, médico de familia do Centro de Saúde de Conxo como Eugenia Martinez Sancosmed, enfermeira, coordinadora do Servizo de Ribeira, que falaron no nome de todos os homenaxeados, destacaron os grandes cambios experimentados na sanidade pública.

Comentarios