O colectivo de 69 anos vacinado este xoves na Cidade da Cultura recibiu, entre protestas, AstraZeneca

O colectivo de 69 anos vacinado este xoves na Cidade da Cultura recibiu, entre protestas, AstraZeneca
O colectivo de 69 anos vacinado este xoves na Cidade da Cultura recibiu, entre protestas, AstraZeneca

A pesar de que Feijóo anunciara que o colectivo de 66 a 69 recibiría Pfizer finalmente recibiron Astra Zeneca ante a indignación de moitos usuarios que chamaron mentiroso ao presidente cando ían recibir a súa dose

Feijóo anunciara días antes e ratificou en roda de prensa o xoves mentras anunciaba as medidas tralo estado de alarma que recibirían Pfizer as persoas na franxa de idade de 66 a 69 anos, sen embargo, mentras dicía estas palabras, os primeiros vacinados de 69 anos nas cidades galegas recibiron AstraZeneca. 

Foi así no casos dos milleiros que acudiron á Cidade da Cultura en horario de mañá e de tarde que recibiron a súa primeira dose de AstraZeneca. Varios deles aseguraron a este medio que moitos usuarios mostraron a súa queixa ao persoal alí presente pola información que ese mesmo día dera Feijóo. Ante a reacción dos usuarios os sanitarios responderon que eles non tiñan esa información e que poñían a dose do que tiñan. 

En Galicia comenzou esta semana a inmunización en este tramo de idade e esperase chegar ao domingo cun 70% da población diana vacunada con una primera dosis de Astra Zeneca.

Comentarios