A Policía Local auxilia a un home que camiñaba polas vías do tren

A Policía Local auxilia a un home que camiñaba polas vías do tren
Foto de arquivo da estación de tren de Compostela
A Policía Local auxilia a un home que camiñaba polas vías do tren

A persoa foi trasladada ao Clínico por unha ambulancia

Un home camiñaba este mércoles polas vías do tren , á altura do cruce da rúa Torrente Ballester ca Avenida de Lugo, aparentemente desorientado. Por este motivo tivo que ser rescatada por efectivos da Policía Local que acudiron ao lugar. 

Os feitos aconteceron en torno ás 15:40 . Para lograr acceder a esta persoa, os axentes tiveron que romper o valado metálico xa que o home  facía caso omiso aos requirimentos dos gardas. Tras conseguir acceder a él, foi trasladado ao Clínico por unha ambulancia para a evaluación do seu estado. 

Así recolle o incidente o parte da Policía Local:

Na rúa Torrente Ballester con Avenida de Lugo, obsérvase que pola vía do tren camiñaba un home, que parece desorientado. Os axentes acceden á zona das vías, para o cal teñen que romper o valado metálico, dado que a persoa facía caso omiso aos requirimentos. É trasladado ao CHUS por unha ambulancia do 061 para valoración.

Comentarios