Continúa o tempo con nubes en Compostela

Continúa o tempo con nubes en Compostela
Foto: Meteogalicia
Continúa o tempo con nubes en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 13 e os 18 graos 

Poucos cambios no panorama meteorolóxico, con Galicia mantendo un réxime de ventos do suroeste. Deste xeito, teremos ceos con alternancia de nubes e claros, con máis nubes canto máis ó oeste, onde mesmo haberá a posibilidade dalgún orballo ocasional. As temperaturas continuarán sen cambios. Os ventos soprarán do sur-sudoeste, moderados, con intervalos fortes na costa noroeste ás últimas horas do día.

En Santiago agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos moi anubrados con outros con nubes e claros. Agárdanse precipitacións tódolos días. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con valores que globalmente se atoparán en descenso lixeiro.

Fuente:  Meteogalicia

Comentarios