Cribado no Milladoiro esta fin de semana tras dispararse a incidencia

Cribado no Milladoiro esta fin de semana tras dispararse a incidencia
Cribado no Milladoiro esta fin de semana tras dispararse a incidencia

Dende o día 9 de maio Ames pasa a estar en nivel medio de restricións

Actualmente, o número de casos activos por Covid-19 en Ames é de 44. A incidencia acumulada a 7 días é de 72 casos, mentres que a incidencia acumulada a 14 días é de 86 casos. Estes datos provocan que Ames dende o día 9 de maio pase a estar en nivel medio de restricións. Isto implica que os aforamentos redúcense na hostalería ata o 30% no interior dos locais e á metade da capacidade nas terrazas. Para detectar casos asintomáticos por Covid-19 vaise a facer un cribado este sábado 8 e domingo 9 de maio no centro de saúde do Milladoiro a persoas de 41 a 50 anos.

Durante esta fin de semana o SERGAS continuará realizando cribados de probas PCR. Deste xeito, está previsto facer un cribado no centro de saúde do Milladoiro este sábado 8 e o domingo 9 de maio, para a realización de probas para detectar casos asintomáticos de Covid-19. Este cribado realízase despois de que no municipio houbese durante os últimos días un incremento de casos activos por Covid-19.


Comentarios