161 deportistas compiten no trofeo de iudo Cidade de Santiago

161 deportistas compiten no trofeo de iudo Cidade de Santiago
161 deportistas compiten no trofeo de iudo Cidade de Santiago

O trofeo e puntuable para a copa de España

O domingo, 9 de maio, o pavillón municipal do Restollal acollerá o "XIII Trofeo Cidade de Santiago. Copa de España Júnior", de iudo, no que colabora o concello de Santiago, a través da concellaría de Deportes. Na competición participarán máis de 250 persoas, entre organizadores, deportistas, técnicos, árbitros e delegados.

A décimo terceira edición do "Trofeo Cidade de Santiago. Copa de España Júnior, celebrarase sen público. Nela inscribíronse 28 clubs de iudo. Competirán 161 iudokas, 104 homes e 57 mulleres nados entre 2001 e 2006, adestrados por 46 profesionais, que van ser valorados por 14 árbitros. Na organización participan 30 personas. A competición comeza ás nove e media da mañá; e cada un dos combates dura catro minutos. Na entrega de trofeos estará presente a concelleira de Deportes, Esther Pedrosa.

A competición, organizada polas federacións galega e española de iudo, é puntuable para a copa de España e está incluída no calendario nacional de actividades deportivas, o que garante a aplicación dos distintos protocolos fronte á Covid-19 e o cumprimento de todas as medidas sanitarias e de seguridade establecidas para este tipo de eventos. O competir sen máscara protectora obriga a realizar provas de non covid a todos os participantes, adestradores e federativos un día antes da competición; quedando a continuación, confinados no hotel ata a celebración do torneo. 

Comentarios